Encontros

Espazo adicado ao sector dentro do festival. Trátase dun punto de encontro permanente entre técnicos, creadores, empresas, estudantes e organizacións do audiovisual de todo o mundo.

EDICIÓN 01

 Durante os días 1, 2 e 3 de xullo terá lugar o primeiro LAB de Novos Cinemas, presentacións e mesas redondas.

 

Domingo 3 de xullo. Casa da Luz.

.
11:30 Presentación dos proxectos do #LAB e os seus autores

Os participantes do primeiro #LAB de Novos Cinemas, tralas xornadas de asesoramento e orientación cos expertos María Zamora, Jorge Coira, Eugenia Mumenthaler e Mariana Barassi, presentan os seus proxectos.

Interveñen:

  • Rocío Mesa, autora de Secaderos
  • Liliana Torres, autora de ¿Qué hicimos mal?
  • Santiago Lozano, co-autor de Oro pacífico
  • Álvaro Fernández-Pulpeiro, autor de No duermas más

 

12:00 Presentación da Film Commission de Pontevedra

Presentación da web da Film Commission de Pontevedra e da cidade maila súa contorna coma espazo propicio para rodaxes audiovisuais.

Interveñen:

  • Miguel López, Film Commission de Pontevedra
  • Anabel Gulías, Concelleira de Promoción e Turismo

 

12:30 Presentación do filme Mimosas de Oliver Laxe, producido por Zeitun films.

Estreada no Festival de Cannes 2016, Mimosas supón a segunda longametraxe do recoñecido cineasta galego.

Interveñen:

  • Felipe Lage, produtor

 

12:45 MESA REDONDA: PRIMEIROS FILMES E MERCADO

A mesa versará en torno a cómo enfrontarse ás estructuras do mercado cunha primeira ou segunda longametraxe: diferentes estratexias, vías e canles así coma as particularidades en relación ás obras de autores noveis.

Interveñen:

  • Lara López . Movistar + (España)
  • Enrique Costa. Avalon (España)
  • Eugenia Mumenthaler. Alina Film (Suiza)
  • Diego Rodríguez. Márgenes (España)