#LAB Expertos

MARIANA BARASSI (Arxentina)

Comeza a traballar na casa de América na programación da área de cinema, así como na organización e coordinación de cursos e talleres, en 2002. Desde 2003 é responsable da coordinación xeral do Curso de Desenvolvemento de Proxectos Cinematográficos Iberoamericanos, dirixido polo director e produtor Gerardo Herrero e convocado pola Casa de América. Tamén é responsable do MRG/WORK, un espazo de formación, estudo e desenvolvemento de proxectos enmarcado no Festival Márgenes.

EUGENIA MUMENTHALER (Arxentina, Suiza)

Eugenia fundou a produtora Alina filme xunto a David Epiney en 2008. A súa primeira longametraxe, Abrir puertas y ventanas de Milagros Mumenthaler, gañou o Leopardo
de Ouro no Festival de Locarno 2011, o Premio da Crítica Internacional (FIPRESCI) e
o Astor de Ouro no Festival de Mar do Prata. Tamén produciron o documental La llave del lavadero (La clé de la chambre à lessive) que se presentou en premier mundial no festival Visions du Réel, onde gañou o Grand Prix SSR. Ademais co-produciron o documental Une jeunesse allemande de Jean Gabriel Périot que se presentou en apertura da competencia Panorama de Berlín 2015.

MARÍA ZAMORA (España)

Comezou a traballar en Avalon en 2001 e converteuse en socia da empresa en 2007. É co-produtora en filmes de directores como Federico Veiroj (Acné, Uruguay-Arxentina- España) ou Andi Baiz (The hidden face, Fox Internacional e Colombia’s Dynamo). María produciu películas de directores españois como León Siminiani, Javier Rebollo e David Planell. O seu traballo máis recente é a coprodución España-México-Alemaña, Todos están muertos, primeira longametraxe de Beatriz Sanchís.

JORGE COIRA (Galicia, España)

Director, guionista e montador. A súa obra abarca longametraxes (18 comidas e El Año de la Garrapata), documentais (Torre de Breoghán, ¿Qué culpa tiene el tomate?) e series de TV (Sé quién eres, Luci, El comisario ou Pelotas, entre outras). Neste ano 2016 vén de recibir o Goya á Mellor Montaxe por El desconocido, de Dani de la Torre.