#LAB Bases

BASES

 

CONCURSO

 

  • A convocatoria está aberta a proxectos de carácter rexional, nacional e internacional con independencia da área xeográfica á que pertenzan.
  • Os proxectos suporán a primeira ou segunda obra do seu realizador ou realizadora e poderán atopase en calquera fase de produción: escritura, desenvolvemento ou postprodución.
  • A documentación pode presentarse nos seguintes idiomas: español, galego e inglés.
  • A inscrición no #LAB farase efectiva mediante envío da Ficha de Inscrición e un Dossier á seguinte dirección info@novoscinemas.com
    • Dossier
      • Biofilmografía do realizador ou realizadora / produtor ou produtora
      • Sinopse
      • Memoria
      • Declaración de intencións do director ou directora
      • *Opcional: material audiovisual
  • O contido da memoria non poderá superar as 2.500 palabras (tres páxinas).
  • No caso de incorporar material audiovisual, este achegarase vía enlace –link– tendo en conta as seguintes restricións temporais:
    • Teaser – Duración non superior a tres minutos.
    • Escena ou secuencia – Duración non superior a cinco minutos.
  • A data límite de presentación (Deadline) da documentación é o día 29 de Abril do 2016.
  • O equipo de NOVOS CINEMAS seleccionará . A organización notificará vía mail e antes do 1 de xuño do 2016 aos autores dos proxectos seleccionados da súa inclusión no programa NOVOS CINEMAS#LAB

 

NOVOS CINEMAS#LAB

 

  • O LAB desenvolverase durante os días 1 e 2 de Xullo de 2016.
  • Os proxectos seleccionados serán estudados, analizados e asesorados pormenorizadamente por catro profesionais de recoñecido prestixio internacional.
  • A organización farase cargo dos gastos de estancia e manutención dos catro realizadores ou realizadoras seleccionados ou seleccionadas, así como dunha porcentaxe –por determinar segundo traxecto e tarifas– do importe dos voos.
  • No caso de que algún dos proxectos participantes no #LAB materialícese, os titulares dos dereitos comprométense a incluír nos títulos de crédito de presentación do filme o que segue:

Proxecto presentado en NOVOS CINEMAS#LAB + LOGO do festival

 

FICHA DE INSCRIPCIÓN

 

Podes descargar a ficha de inscripción en INFO > DESCARGAS > Ficha de inscripción #LAB