ENCONTROS

Novos Cinemas aspira a ser un espazo favorable para o intercambio de ideas e o diálogo permanente entre os diversos axentes do sector, promovendo a reflexión crítica sobre os máis variados aspectos do audiovisual.

Nesta ocasión, #Encontros propón unha mesa na que se presentarán algúns dos programas de desenvolvemento de proxectos máis interesantes do panorama nacional, e senllos encontros coas asociacións CREA e PROXECTA para debater ao redor do vínculo entre a creación e a programación, e a formación dos públicos máis novos.

Nun novo encontro con cineastas, Helena Girón e Samuel Delgado mostrarannos as claves do seu proceso creativo.

Entrada de balde ata completar aforo.

 


 

// ENCONTRO con SAMUEL DELGADO e HELENA GIRON
12 Decembro | 11:00h. a 12:00h. | Casa das Campás

Nun encontro aberto ao público, Helena Girón e Samuel Delgado falarán en detalle do seu singular método de traballo e as ideas, decisións e intencións que sustentan a súa primeira longametraxe Eles transportan a morte, en fase de montaxe e que acaban de rodar en paisaxes da costa galega. A película narra a historia de tres homes que, para evitar as súas execucións, enrólanse como tripulación da expedición capitaneada por Cristóbal Colón e que tras roubar a vela da Santa María foxen con ela a través dunha illa descoñecida.

 


 

// Mesa: FOROS DE DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS
12 Decembro | 12:30h. a 14:00h. | Casa das Campás

Presentación dalgúns dos programas de desenvolvemento de longametraxes dirixidos a autores noveis máis interesantes do panorama independente nacional.

Interveñen:
Gemma Vidal (España), La Incubadora, The Screen (ECAM)
Pamela Biénzobas (Chile), Abycine Lanza (Festival Abycine)
Mar Varela (Galicia), I+P Ideas para producir (Cluster Audiovisual Galego)

 


 

// Mesa PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS #LAB04
13 Decembro | 11:00h a 13:00 | Casa das Campás

Tras as xornadas de asesorías, os participantes no #LAB04 de Novos Cinemas expoñerán publicamente os seus proxectos de longametraxe.

Interveñen:
Cordelia Alegre (Barcelona)
Pablo García (Madrid)
Carlos Martínez-Peñalver e Joel Fontán (Vigo)
Ingrid Pokropek (Buenos Aires)

 


 

// PRIMEIRAS IMAXES DE MONTAXE DE ONS, de ALFONSO ZARAUZA.
13 Decembro | 13:00h | Casa das Campás

 


 

// VERMÚ CON CREA
13 Decembro | 13:30h a 14:30h | Casa da Luz

Encontro informal de creadores audiovisuales para o intercambio de opinións e ideas ao redor da escena cinematográfica independente. O evento estará moderado por socios de CREA (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia) e falarase do punto de encontro de creadores e programadores.

 


 

// MESA PROXECTA
14 Decembro | 12:00h a 13:30h | Casa das Campás

Actividade promovida pola Coordinadora Galega de Festivais de Cinema PROXECTA, na que representantes de tres festivais compartirán as súas experiencias sobre a implementación e desenvolvemento de programas educativos e actividades lúdicas destinadas ao público máis novo.

Interveñen:
Álvaro Dosil – Responsable pedagóxico de Curtocircuito
Marcos Nine – Director Artístico de Cinema Crianza
José Luis Cienfuegos – Director do Festival de Cine Europeo de Sevilla

 


 

// PRESENTACIÓN CINEGALICIA 2019 + SESIÓN VERMÚ: OH! AYATOLLAH
14 Decembro | 13:00h A 14:30h| Casa das Campás

Con motivo da conmemoración do 30º aniversario de Cinegalicia –que lembra a estrea de Continental, Sempre Xonxa e Urxa, tres filmes fundamentais na historia do cinema galego–, un grupo de traballadores e traballadoras da cultura e o audiovisual que aínda non cumpriron eses trinta, deciden celebrar a efeméride de maneira desprexuizada e heterodoxa dende múltiples áreas da creación, o vídeo, a crítica, a música ou o deseño.

Para celebralo en Novos Cinemas convidamos aos compostelanos Oh! Ayatollah a amenizar co seu pop fulgurante unha sesión vermú.