16 DIC.
12.00 h.
Casa das Campás

SUSANA NOBRE
Susana Nobre, cineasta, guionista e produtora lisboeta que protagoniza o FOCO desta edición, completará a súa presenza na nosa cidade mediante un encontro no que reflexionará sobre aqueles factores que determinan a xénese e posterior desenvolvemento dos seus proxectos. Nobre focalizará unha parte significativa da súa intervención conversando sobre Cidade Rabat, a súa sexta longametraxe, actualmente en fase de montaxe, e compartindo imaxes inéditas da mesma co noso auditorio.
Susana Nobre (1974, Lisboa) é licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade Nova de Lisboa. Pertence á produtora Terratreme desde 2006, onde realizou filmes como No Táxi do Jack (2021), Tempo Comum (2018), As viagens philosophicas -episodio 3 en No Trilho dos Naturalistas- (2016), Provas, Exorcismos (2015), Vida Activa (2013), Lisboa-Província (2010) e O que pode un rosto (2003), exhibidos en numerosos festivais como Berlinale (Fórum), Cannes (Quinzaine Des Réalisateurs), IFFR Rotterdam, BFI London Film Festival, Festival d’Angers, Viennale, Vila do Conde, Rio de Janeiro, Zinebi, entre outros. Tamén traballou na produción de filmes de realizadores como João Rosas, Basil da Cunha ou Pedro Peralta. Na actualidade ten en fase de posprodución a súa última longametraxe, Cidade Rabat.