// ENCONTRO con CARLOS MARTÍNEZ-PEÑALVER e LILIANA TORRES

16 DIC.
10.00 h.
Casa das Campás

25 prazas.

Límite para anotarse: 15 minutos antes do comezo da actividade.

[contact-form-7 404 "Not Found"]

CARLOS MARTÍNEZ-PEÑALVER

Carlos Martínez-Peñalver volve a Novos Cinemas para falar do proxecto co que participou no LAB04, Á procura da estrela. Tomando como referencia a súa paisaxe, a súa climatoloxía e os seus singulares habitantes, o filme conxuga ficción e documental para intentar ilustrar a idiosincrasia do territorio denominado Serra da Estrela.


Carlos Martínez-Peñalver (Vigo, 1991) se gradua en Comunicación Audiovisual USC/Universitat Pompeu Fabra. Completa su formación con el Máster de Montaje de la ESCAC y el Máster de Estudios de Cine y Audiovisual Contemporáneo. A lo largo de los dos últimos años realiza talleres con Jean Gabriel Périot, Andrés Duque, Jodie Mack, Fernando Franco.
Desde sus inicios combina el montaje con la dirección, realizando cortometrajes (Nocturna, Juventud Gruyère, Después de la Bandera e Cómo desaparecer) con los que participa en festivales como el de Oberhausen, Cinespaña, (S8) Mostra de Cinema Periférico o Curtocircuito. Actualmente está en fase de posproducción de su primer largometraje, Á procura da estrela.

LILIANA TORRES

Liliana Torres reflexionará sobre a formalización dun proxecto que parte da súa propia biografía. Convertida no motor dramático do seu filme, ¿Qué hicimos mal?, e combinando a autoexposición, a autoexploración e a ilustración do seu itinerario amoroso e sentimental, a cineasta catalá revela a inestabilidade emocional que condiciona a nosa actual e fráxil existencia.


Liliana Torres (Vic, 1980) é graduada en Dirección pola ESCAC de Barcelona e está especializada en Documental polo CCC de México D. F. É autora das curtametraxes Anteayer (2005) e Quince años (2012), e dos documentais Todos los trabajos de la mujer, Viviendo en la piedra e Hayati, co-dirixido con Sofía Escudei (premiado en Málaga e polo Colexio de Xornalistas de Cataluña). Family Tour, a súa primeira longametraxe, estreouse en 2013 en San Sebastián na sección Zabaltegui, recibindo o Premio da Crítica no Rec Tarragona, unha Mención Especial no Atlántida Film Festival, o Premio á Mellor Película Europea no European Crossing Borders e o Premio á Mellor Directora Novel por parte do Colexio de Directores/as de Cataluña. Ten, ademais, unha ampla carreira como montadora e produtora. ¿Qué hicimos mal? é a súa segunda longametraxe de ficción.