// Encontro con Andrés Sanjurjo

15 DIC.
11.00 h.
Casa das Campás

ANDRÉS SANJURJO

Andrés Sanjurjo falará da xénese e desenvolvemento da súa primeira longametraxe, Alén Mar -proxecto que participou na edición 03 do noso #LAB-. Un traballo, inspirado nas vivencias do propio realizador, que ilustra a capacidade do cinema para explorar o seu propio ecosistema e, ao mesmo tempo, habilitar ao realizador para transitar a senda da autoexpresión e o autocoñecemento. Cinema e vida van da man neste persoalísimo proxecto.


Andrés Sanjurjo (1993, A Coruña, España), estudou Comunicación Audiovisual e especializouse en cinema cursando varios mestrados na Univ. Pompeu Frabra, Barcelona, e un doutorado que aínda cursa na Univ. da Coruña. Completa a súa formación con seminarios e obradoiros con cineastas como Abbas Kiarostami, Víctor Erice, Boris Lehman e Jodie Mack, e críticos como Jonathan Rosembaum e Roger Koza. Traballou para produtoras de cinema como Miramemira ou Forastero, e con realizadores como Óliver Laxe, Santiago Fillol, Raúl Capdevila e Carlos Martínez-Peñalver. En 2019 crea a produtora Acariño Films co obxectivo de desenvover os seus proxectos e apoiar proxectos alleos.