EL SILENCIO ES UN CUERPO QUE CAE

EL SILENCIO ES UN CUERPO QUE CAE

The Silent Is a Falling Body | O silencio é un corpo que cae

13 Decembro | 10:30h | Teatro Principal 
 

Arxentina | 2018 | 72’ | Cor | DCP | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: Agustina Comedi. Guión/Script: Agustina Comedi. Fotografía/Cinematography: Agustina Comedi, Ezequiel Salinas, Benjamín Ellenberger. Montaxe/Editing: Valeria Racioppi. Son/Sound: Guido Deniro. Música/Music: Virus. Intérpretes/Cast: Jaime Comedi, Agustina Comedi, Susana Palomas. Produción/Production: Juan Maristany. Produtora/Production Company: El Calefón.

Jaime filmouno todo, mesmo a súa propia morte. Del, á súa filla quedáronlle centos de horas de vídeos caseiros e unhas cantas incertezas. Porque, como moitas persoas da súa xeración, Jaime viviu na clandestinidade. El, quizais, dobremente. As imaxes que Jaime filmou resignifícanse para dar lugar a preguntas sobre o desexo, a sexualidade, a liberdade e a familia.


 

Festivais:

BAFICI 2018 – Competición Dereitos Humanos – Mención Especial
FICIC Festival de Cine Independiente de Cosquín 2018  Mellor Longametraxe
Festival de Cinema Queer de Sicilia 2018  Premio Palermo Pride


 

Agustina Comedi (Córdoba, Arxentina, 1986) estuda Letras Modernas e Técnica en Corrección de Estilo na UNC. Instálase en Buenos Aires e asiste aos obradoiros de guión de Pablo Solarz. Continúa a súa formación e comeza a súa carreira como guionista. É autora e guionista de  La vuelta en cuento (2015) unha serie animada para a canle Infantil Paka Paka. Durante 2017 escribe os guións de tres longametraxes e finaliza a súa ópera prima, El silencio es un cuerpo que cae, estreada mundialmente no IDFA (Holanda).