EL MALVADO ZORRO FEROZ

LE GRAND MÉCHANT RENARD ET AUTRES CONTES

El malvado zorro feroz | O malvado raposo feroz

16 Decembro | 11:00h | Teatro Principal

 

Francia | 2017 | 79’ | Cor | DCP

Dirección/Direction: Benjamin Renner, Patrick Imbert. Guión/Script: Jean Regnaud, Benjamin Renner (Cómic: Benjamin Renner). Animación/ Animation Department: Patrick Imbert, Marco Nguyen, Thomas Charra, Kherveen Dabyllal, Mathieu Chaptel, Michael Crouzat. Montaxe/Editing:  Benjamin Massoubre. Música/Music: Robert Marcel Lepage. Son/Sound: Sabrina Calmels, Emmanuel de Boissieu, Valène Leroy, Piste Rouge. Intérpretes/Cast: Guillaume Darnault, Damien Witecka, Kamel Abdessadok, Antoine Schoumsky. Produción/Production:  Damien Brunner, Didier Brunner, Philippe Logie. Produtora/Production Company:  Folivari.

Un raposo, incapaz de asustar a ninguén e de cazar nada, non ten outra ocorrencia que roubar –dunha granxa moi peculiar, na que un coello actúa como unha unha cegoña–, uns ovos de galiña coa finalidade de incubalos e criar aos pitos para comelos despois. Mais ao nacer os pitos, estes cren que o raposo é a súa nai. Que fará o raposo?


 

Festivais:

Premios César 2018 – Mellor Película de Animación

Festival de Sevilla 2017 – Premio Europa Junior

Premios Lumiere – Mellor Película de Animación


 

Benjamin Renner é un debuxante, animador e cineasta francés. Dirixiu a curtametraxe La queue da souris (2008) e a longa Ernest & Celestine (2014), nomeada aos Óscar como Mellor Película de Animación, na que xa traballou xunto co director de animación Patrick Imbert. En 2015 Renner publicou o cómic Le grand méchant renard que logo ambos codirixiron para ao cinema.