Edición 2020. Aberta a recepción de obras

O festival Novos Cinemas abre o prazo de recepción de obras para a súa quinta edición, que se celebrará entre do 15 ao 20 de decembro

Cineastas emerxentes de todo o mundo poden inscribir ata o próximo 10 de setembro os seus filmes nalgunha das dúas seccións competitivas do festival: a Sección Oficial e Latexos.

Pontevedra, 22 de xuño do 2020. – Dende hoxe mesmo xa é posible presentar filmes para participar na Edición 05 de Novos Cinemas – Festival de Cine Internacional de Pontevedra, que se desenvolverá entre o 15 e o 20 de decembro deste mesmo ano na cidade do Lérez.

NOVOS CINEMAS é un festival de cine aberto a cineastas emerxentes de todo o mundo que conta con dúas seccións competitivas de ámbito internacional: a Sección Oficial e Latexos, destinada a dar visibilidade a producións de factura máis fráxil e íntima. Poderán inscribirse todas aquelas longametraxes (a partir de 60 minutos) que supoñan a primeira ou segunda obra dos seus realizadores e realizadoras. Serán admitidos traballos producidos, ou cuxa estrea mundial tivese lugar, despois do 1 de xaneiro de 2020, sempre que non fosen estreados comercialmente en España, nin exhibidos en circuitos de televisión públicos ou privados no momento da súa inscripción a concurso.

O período de admisión de filmes estenderase dende o 22 de xuño ata o 10 de setembro de 2020.

Podedes acceder aquí á INSCRICIÓN e ás BASES.

CATEGORÍAS