Edición 2019. Aberta a recepción de obras

Cineastas emerxentes de todo o mundo poden inscribir ata o próximo 31 de xullo os seus filmes nalgunha das dúas seccións competitivas do festival: a Sección Oficial e Latexos.

Novos Cinemas desenvolverase entre os próximos 10 e 15 de decembro na cidade de Pontevedra.

Pontevedra, 2 de maio do 2019. – Dende hoxe mesmo xa é posible presentar filmes para participar na Edición 04 de Novos Cinemas – Festival de Cine Internacional de Pontevedra, que se desenvolverá entre o 10 e o 15 de decembro deste mesmo ano na cidade do Lérez.

NOVOS CINEMAS ten como principal obxectivo detectar e difundir o talento cinematográfico dos cineastas emerxentes, poñendo especial énfase no cinema de carácter autoral.

ADMISIÓN DOS FILMS A CONCURSO

O festival terá dúas seccións competitivas, ambas de ámbito internacional: Sección Oficial e Latexos, destinada a dar visibilidade a producións de factura máis fráxil e íntima. Poderán inscribirse todas aquelas longametraxes (a partir de 60 minutos) que supoñan a primeira ou segunda obra dos seus realizadores e realizadoras. Serán admitidos traballos producidos, ou cuxa estrea mundial tivese lugar, despois do 1 de xaneiro de 2019, sempre que non fosen estreados comercialmente en España, nen exhibidos en circuitos de televisión públicos ou privados no momento da súa inscrición a concurso. O período de admisión de filmes estenderase dende o 30 de abril ata o 19 de agosto de 2019.

Podedes acceder aquí á INSCRICIÓN e ás BASES.

Xurados e Premios

O festival NOVOS CINEMAS concederá cinco premios:

1. Un Xurado Internacional outorgará o Premio NOVOS CINEMAS á mellor longametraxe da Sección Oficial, cunha dotación económica de 2.000€, para a compañía ou representante legal que inscribise o filme no certamen.

2. Un xurado composto por un grupo de estudantes universitarios, pertencentes ao Campus de Pontevedra (UVIGO) e seleccionados pola organización do festival, outorgará o Premio XURADO NOVO da Sección Oficial, cunha dotación económica de 500€ en forma de Bolsa para o director/a do filme premiado.

3. Un xurado composto por profesionais da crítica cinematográfica outorgará o Premio da CRÍTICA á mellor longametraxe da competición.

4. O Premio LATEXOS, concebido gracias á colaboración da Cooperativa NUMAX, supón a exhibición comercial da película premiada en dita sección na sala NUMAX (Santiago de Compostela).

5. Mediante a participación e o concurso dos espectadores e espectadoras (media ponderada de votacións e asistentes), outorgarase o Premio do PÚBLICO.

A decisión dos xurados será inapelable.

CATEGORÍAS