#BAIXOASESTRELAS Cinema e música

MARÍA (Y LOS DEMÁS) + ARIES

 

01 Xullo | 23:30h |Praza da Pedreira | Entrada de balde 

#Baixoasestrelas é a sección do festival que aúna cinema de verán máis música na Praza da Pedreira, un dos espazos máis emblemáticos da zona monumental pontevedresa. Gozaremos da proxección de María (y los demás), un dos éxitos cinematográficos do cinema galego recente, e remataremos coa compaña musical de Aries en concerto, coa súa interesantísima proposta de fusión de electrónica, pop e melodía.