xurado da crítica


XURADO DA CRÍTICA

 

ÁNGEL SUANZES

Desde o 2006 informando sobre cine e cultura na Televisión de Galicia. Xornalista de formación e vocación, elabora crítica cinematográfica semanal no programa Zigzag Diario da canle pública. Habitual nas coberturas dos diferentes festivais de cine e de momentos históricos dos filmes galegos en eventos como Cannes, Venecia, San Sebastián ou os Premios Goya. Podedes atopalo dando conta das novas do cinema galego na súa conta de twitter.

 

TONI JUNYENT ROSA

Licenciouse en Xornalismo en 2007 na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e, ademais de escribir sobre cinema en distintos medios (Cinemanía,  Transit,  Diari do Festival de Sitges…) e participar en varios libros colectivos, sempre estivo vinculado ao audiovisual. Coa película Amor tóxico (Norberto Ramos do  Val, 2015), que escribiu a catro mans con Pablo Vázquez, gañou o premio a mellor guión no Festival de Cinema Fantástico Europeo de Murcia (C- FEM) de 2016. Tamén traballou como actor en curtametraxes e películas, publicou fanzines (Aventurarse, Carta a  Dorothy Parker) e escribiu textos e guións para historietas. Actualmente é vicepresidente da  Associació Catalá da Crítica i la Escritura Cinematográfica (ACCEC).

 

MARIONA BORRULL

Escribe crítica para O Antepenúltimo  Mohicano, Fotogramas e  Otros Cines Europa. Graduouse en Comunicación Audiovisual na  Universitat  Pompeu  Fabra. Presidiu o Xurado Novo do 51º Festival de Sitges, para quen seguiu colaborando regularmente no Diario. É correspondente do Antepenúltimo  Mohicano, publicación para a que cobre gran parte do circuíto de festivais de clase A (Berlín, Venecia, San Sebastián…). Compaxina esta actividade co seu traballo de día en  Mediatres Estudo, distribuidora de cinema asiático. Para  Mediatres colaborou na edición dos textos da colección «Japón, el archipiélago de la cultura». No Vai de cinema de Radio Nacional 4 recomenda semanalmente películas de autor en carteleira e, en QueVeoEn, destaca títulos que se esconden entre a enorme oferta das plataformas online. É membro de  AICE (Premios Feroz) e  ACCEC