the trouble with nature

THE TROUBLE WITH NATURE

O problema coa natureza | El problema con la naturaleza

Dinamarca, Francia | 2020  | 95′ | Cor | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: Illum Jacobi. Guión/Script: Hans Frederik Jacobsen, Illum Jacobi. Fotografía/Cinematography: Frederik Jacobi. Montaxe/Editing: Alexandra Strauss. Música/Music: Danny Bensi, Saunder Jurriaans. Son/Sound: Adrian Aurelius. Intérpretes/Cast: Antony Langdon, Nathalia Acevedo. Produción/Production: Illum Jacobi, Xavier Rocher, Marina Perales Marhuenda, Katja Adomeit. Produtora/Production Company: La Fábrica Nocturna.

Ano 1769. Nesta road movie do século XVIII, o filósofo Edmund Burke, afectado por unha intensa crise, abandona Londres, deixando atrás aos seus acreedores, para percorrer os Alpes e reescribir o seu libro Indagación filosófica sobre a orixe das nosas ideas acerca do sublime e o belo.


Festivais:

IFFR Rotterdam 2020. Brigth Future Competition.


Experimentado montañeiro e expedicionario ártico, Jacobi traballou como operador de cámara antes de organizar as súas propias expedicións. Tras estudar fotografía na Den Danske Filmskole, traballou con científicos e artistas en películas que reflectían a relación do ser humano coa natureza. Os seus proxectos cinematográficos baséanse nas súas propias experiencias. The Trouble With Nature é a súa primeira longametraxe.