Tal día hizo un año

TAL DÍA HIZO UN AÑO

For The Time Being | Tal día fixo un ano

Alemania, España, Suiza | 2020 | 71’| Cor | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: Salka Tiziana. Guión/Script: Salka Tiziana. Fotografía/Cinematography: Tom Otte. Fotografía Aérea/Aerial Photography: Daniel Gerlich. Montaxe/Editing: Salka Tiziana. Música/Music: plastiq. Son/Sound: Mario Schöning. Intérpretes/Cast: Melanie Straub, Amalia Amián del Pino, Pilar del Pino, Jon Bader, Ole Bader. Produción/Production: Salka Tiziana, Chantal Scheiner and Tom Otte. Produtora/Production Company: Hochschule für bildende Künste Hamburg, Filmförderung Hamburg Schleswig-Holstein.

É verán na cordilleira andaluza de Sierra Morena. Larissa e os seus dous fillos, Jon e Ole, viaxan en coche cara á finca da súa sogra Pilar para atoparse co pai dos nenos. Á espera dos familiares, Pilar e a súa filla Amalia continúan o seu labor diario no campo, unha rutina marcada pola calor extrema e a escaseza de auga.


Festivais:

Rotterdam IFF 2020. Bright Future Competition.

Berlinale Critic’s’ Weeek 2020.

Black Canvas CFF 2020. New Horizon Competition.


Salka Tiziana (1992), criada en Berlín e Barcelona, estudou Historia da Arte e Antropoloxía en Berlín e cinema en Hamburgo e Buenos Aires. A súa primeira longametraxe Tal día fixo un ano foi exhibida no IFF de Rotterdam, na Semana da Crítica de Berlín, no Black Canvas Contemporary (México DF) e no Festival de Cinema Europeo de Sevilla.