fortezza

FORTEZZA

Fortress | Fortaleza

Italia | 2019 | 72’| Cor | ESTREA EN ESPAÑA

Dirección/Direction: Ludovica Andò, Emiliano Aiello. Guión/Script: Ludovica Andò and Emiliano Aiello. Fotografía/Cinematography: Stefano Tria. Fotografía Aérea/Aerial Photography: Daniel Gerlich. Montaxe/Editing: Luca Bellino. Música/Music: Andrea Pandolfo. Son/Sound: Riccardo Valeriani, Mario Schöning Marzia Cordò, Giancarlo Rutigliano, Stefano Grosso, Valeria Angelini. Intérpretes/Cast: Compagnia Addentro (Civitavecchia Prison). Produción/Production: Ludovica Andò and Emiliano Aiello. Produtora/Production Company: Compagnia AdDentro/Associazione Sangue Giusto, CPA-Uniroma3, Regione Lazio Direzione Regionale Cultura e Politiche Giovanili Area Arti Figurative, Cinema, Audiovisivo e Multimedialità.

Tres soldados chegan a un destacamento militar aillado e solitario que xa non cumpre función defensiva algunha. Aquí, o tempo semella detido e pautado por estritas normas, dinámicas de poder, ociosidade e hábitos. Agardando en balde a un inimigo que nunca chega, os militares precisan darlle un sentido á súa estancia mentras intentan resistirse á atracción que o lugar exerce sobre eles.


Festivais:

Festa del Cinema di Roma 2019

FIC Laceno D’oro 2019

IFR Rotterdam 2020. Perspectives


Ludovica Andò é directora de teatro e educadora. Traballou en París durante varios anos dedicándose principalmente á dirección. Despois dalgúns anos, decidiu volver a Italia para dedicarse a proxectos que empregan o cinema e o teatro como ferramentas en contornas complexas. Fortezza é a súa primeira película.

Emiliano Aiello, licenciado en Filmoloxía, comezou a traballar como director e editor do Centro de Produción Audiovisual da Universidade Roma Tre. En 2013 realiza a curtametraxe documental Opera per Cantalupo (2013) sobre a obra do artista Paolo William Tamburella. En 2018, a mediometraxe documental Il sogno dei Omero (2018), unha viaxe aos soños dos cegos desde o nacemento, gañou o premio ao mellor documental no Festival de Cinema Independente de Roma.