lúa vermella

LÚA VERMELLA

Red Moon Tide  |  Luna Roja

 

España | 2020  | 85’ | Cor

Dirección/Direction: Lois Patiño. Guión/Script: Lois Patiño. Fotografía/Cinematography: Lois Patiño. Montaxe/Editing: Christine Kim Pablo Gil Rituerto, Óscar de Gispert, Lois Patiño. Dirección de Arte/Artistic Direction: Jaione Camborda. Son/Sound: Juan Carlos Blancas. Intérpretes/Cast: Ana Marra, Carmen Martínez, Pilar Rodlos, Rubio de Camelle. Produción/Production: Felipe Lage Coro. Produtora/Production Company: Zeitun Films.

Nunha vila da costa galega o tempo parece terse detido. Tódalas persoas están paralizadas aínda que se poden oír as súas voces: falan de pantasmas, de meigas, de monstros. Ao lugar chegan tres mulleres buscando ao Rubio, un mariñeiro da vila que desapareceu no mar.


Festivais:

Berlinale 2020. Forum.

Málaga 2020. Zona Zine. Best Spanish Film.

Pesaro 2020. Competition Pesaro Nuovo Cinema.


Lois Patiño compaxinou os seus estudos de psicoloxía na UC de Madrid cos de cinema na escola Tai. Continuou a súa formación na NYFA de New York e en Barcelona, onde cursou o Máster de Documental de Creación na UPF. Realizou talleres con artistas e cineastas como Joan Jonas, Pedro Costa, Víctor Erice ou José Luis Guerín. Con Montaña en sombra (2012) gañou premios no Festival de Oberhausen e en Clermont- Ferrand. E no 2013 recibiu o premio ao mellor director emerxente no Festival de Locarno pola súa longametraxe Costa da Morte. Este traballo foi premiado en Jeonju IFF ou FICUNAM. A súa curtametraxe Noite sem distância (2015) gañou o premio á mellor curtametraxe no Festival de San Francisco. Lúa Vermella, producida por Zeitun Films, é a súa última longametraxe.