FOCO: luis lópez carrasco

Tras a súa frutífera e exitosa traxectoria como membro do colectivo Los Hijos, e avalado polos galardóns obtidos en certames cinematográficos nacionais e internacionais, López Carrasco segue revelándose como un dos cineastas máis coherentes da cinematografía española do segundo decenio do século XXI. Luís López Carrasco é autor dunha curtametraxe e dúas longametraxes – o último deles, premiado en festivais tan reputados como Cinema du Reel ou Black Canvas- nos que indaga e reflexiona sobre o relato da historia española.
Novos Cinemas dedícalle, por primeira vez en Galicia, un foco ao cinema do realizador murciano, incluíndo a súa última longametraxe El año del descubrimiento.


 

Luís López Carrasco (1981) é director, guionista e cofundador do colectivo audiovisual Los Hijos, dedicado ao cinema documental experimental. O seu traballo foi proxectado en numerosos festivais internacionais como Locarno, Rotterdam, BAFICI, Viennale e en centros de arte contemporánea como o Georges Pompidou ou o Museo Nacional Reina Sofía. O FIC Mar del Plata, Distrital e Lima Independente dedicaron retrospectivas á obra de Los Hijos.
A primeira longametraxe do colectivo, Los materiales, gañou o premio Jean Vigo á Mellor Dirección do Festival Internacional Punto de vista de Navarra 2010 e a Mención Especial do Xurado do FiD Marseille 2010.
El Futuro, a súa primeira longametraxe en solitario, estrouse no Festival Internacional de Locarno 2013, e foi seleccionada en máis de cincuenta festivais internacionais e premiada no BAFICI 2014 e no Lima Independente 2014.
A súa última longametraxe, El año del descubrimiento, estreouse mundialmente no IFFR (Rotterdam).