Clausura

MY MEXICAN BRETZEL

España | 2019  | 74’ | Cor

Dirección/Direction: Nuria Giménez Lorang. Guión/Script: Nuria Giménez Lorang. Fotografía/Cinematography: Frank A. Lorang, Ilse G. Ringier. Montaxe/Editing: Cristóbal Fernández, Nuria Giménez Lorang. Son/Sound: Nuria Giménez Lorang. Produción/Production: Nuria Giménez Lorang, María Zamora, Stefan Schmitz. Produtora/Production Company: BRETZEL & TEQUILA, AVALON P.C.

Diario íntimo dunha muller de clase acomodada ilustrado polas filmacións caseiras do seu marido, un rico industrial que filmou a súa vida cotiá entre os anos 40 e 60 do século pasado. A película é tamén un melodrama clásico ao estilo Douglas Sirk ou Todd Haynes, cos sentimentos a flor de pel. Unha viaxe a través da vella Europa. Unha ilusión romántica.


Festivais:

New York FF 2020. Currents Competition.

FiCXiXón 2019. Spanish Cinema Selection. Best film, Director and Script.

IFFR Rotterdam 2020. Found Footage Award.

D’A 2020 (Barcelona). Audiencia Award.


Nuria Giménez (Barcelona, 1976) estudou Xornalismo, Relacións Internacionais e Realización Documental. Viviu en Berlín, París e Londres. Realizou todo tipo de traballos, correspondente de prensa e de radio, enfermeira, extra en películas de terror, profesora, azafata, redactora, tradutora de libros, analista de prensa, realizadora de vídeos corporativos, produtora de eventos, etcétera.  Kafeneio, a súa primeira curtametraxe documental, foi seleccionada en DocumentaMadrid 2017 e en MIDBO 2017.  My  Mexican  Bretzel é a súa primeira longametraxe.