ACCIDENTAL LUXURIANCE OF THE TRANSLUCENT WATERY REBUS

ACCIDENTAL LUXURIANCE OF THE TRANSLUCENT WATERY REBUS

Croacia | 2020  | 80′ | Cor | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: Dalibor Barić. Guión/Script: Dalibor Barić. Animación/Animation: Dalibor Barić. Dir. Artística/Artistic Dir.: Dalibor Barić. Montaxe/Editing: Dalibor Barić. Música/Music: Dalibor Barić. Son/Sound: Studio Nazor. Voces/Voices: Rakan Rushaidat, Ana Vilenica, Frano Mašković, Nikša Marinović, Mario Kovač, Željka Veverec, Boris Bakal, Pavlica Brazzoduro Bajsić. Produción/Production: Ivan Katić. Produtora/Production Company: KAOS.

Martin tentou loitar contra o sistema e agora está a fuxir. Sara é unha artista conceptual. Xuntos únense á comuna revolucionaria do campo. A policía está trala súa pista. O inspector Ambroz sabe que as preguntas correctas son máis importantes que as respostas. Porque quizais nada disto sexa certo.


Festivais:

Annecy 2020. Contrechamp Competition.

Animafest Zagreb 2020.

SEFF 2020 (Sevilla). Official Selection.


Dalibor Barić (1974) é un cineasta experimental croata cuxas obras exploran xéneros canónicos como a ciencia ficción e o terror. Utilizando o obxecto atopado como punto de partida, Barić válese das técnicas da colaxe para xerar uns relatos, tan sofisticados como psicodélicos, que difuminan as liñas entre as nosas realidades externas e internas. Os seus traballos foron exhibidos e premiados en festivais internacionais. Accidental Luxuriance of the Translucent Watery Rebus é a súa primeira longametraxe.