Contactos

18 dec.

17.00 h.

Teatro Principal

CONTACTOS

España | 1970 | 64’ | B/N

Dirección/Direction: Paulino Viota. Guión/Script: Javier Vega, Santos Zunzunegui. Fotografía/Cinematography: Ramon Saldias. Montaxe/Editing: Paulino Viota, Guadalupe González Güernes. Intérpretes/Cast: Guadalupe G. Güemes, Eka García, José Miguel Gándara, Camino Garriz, José Ángel Rebolledo, Andrés Rodríguez, José Sámano, Lola Villanueva, Fernando Machado. Produción/Production: Paulino Viota.

Recentemente chegada a Madrid, Tina aluga unha habitación na pensión Villanueva, onde vive Javier, membro dunha organización antifranquista. Ambos comezan unha relación, pero o temor a ser descubertos pola dona da pensión obrígalles a manter a súa relación en segredo.

Paulino Viota (Santander, 1948) escribiu un dos capítulos máis destacables da historia da cinematografía española ao rubricar un dos filmes capitais dos anos setenta, Contactos (1970), obra restaurada pola Filmoteca Española e que forma parte da Colección do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, do mesmo xeito que a súa curtametraxe Duración (1970). Ambos filmes, xunto con Con uñas y dientes (1977-78), Cuerpo a cuerpo (1982) e varias das súas curtametraxes da etapa entre 1966 e 1974, foron editadas por Intermedio DVD da man do crítico e investigador Manuel Asín. Desde principios dos anos 80 dedícase ao estudo e á docencia de cinema despregando unha intensa actividade renovando o enfoque da análise e a crítica fílmica que foi parcialmente recollida no volume La Herencia del Cine. Escritos escogidos (2019).

Foi profesor na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, no CECC-Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya, en Bande à part Escola de cinema (Barcelona) e na Filmoteca de Cantabria, ademais de conferenciante nas principais institucións culturais e cinematográficas españolas.