COLO

COLO

Colo  | Regazo

14 Decembro | 16:00h | Teatro Principal

 

Portugal, Francia | 2017 | 136’ | Cor | DCP

Dirección/Direction: Teresa Villaverde. Guión/Script: Teresa Villaverde. Fotografía/Cinematography: Acácio de Almeida. Montaxe/Editing: Rodolphe Molla. Son/Sound: Marion Papinot. Intérpretes/Cast:   João Pedro Vaz,  Alice Albergaria Borges,  Beatriz Batarda, Clara Jost, Tomás Gomes, Dinis Gomes. Produción/Production: Cécile Vacheret, Teresa Villaverde. Produtora/Production Company: Alce Filmes, Sedna Films

Unha nai duplica traballos para pagar as facturas xa que o seu esposo está desempregado. A súa filla adolescente tenta seguir vivindo a súa vida cotiá, mesmo se o diñeiro está a esgotarse e fai que todo sexa incómodo. Escapando da súa realidade común, aos poucos vólvense estraños entre si, a medida que a tensión crece en silencio e en culpa.


 

Festivais:

Berlinale 2017
Festival de Cinema Europeo de Sevilla 2017


.

Teresa Villaverde nace en Lisboa en 1966. Nos anos oitenta participa como actriz, coautora e  codirectora no Grupo de Teatro da Escola de Belas Artes de Lisboa e actúa na película À Flor do Mar, de João César Monteiro. Traballa con Paulo Rocha, José Álvaro Morais  e como coguionista con João Canijo en A Filha dá  Mãe. A principios dos noventa comeza a súa actividade como directora, escribindo sempre os guións das súas películas. As súas películas presentáronse en festivais como Cannes, Venecia e Berlín. Programáronse retrospectivas sobre a súa obra en Francia, Italia e España. Colabora coa Universidade de Évora (Portugal) e a  Haute École d’ Art et du Design de Genève (Suíza). Co obxectivo de producir as súas propias películas, crea, en 2010, a produtora Alce Filmes.