Categoría: Sen categoría

Edición 2019. Aberta a recepción de obras

Cineastas emerxentes de todo o mundo poden inscribir ata o próximo 31 de xullo os seus filmes nalgunha das dúas seccións competitivas do festival: a Sección Oficial e Latexos. Novos Cinemas desenvolverase entre os próximos 10 e 15 de decembro na cidade de Pontevedra. Pontevedra, 2 de maio do 2019. - Dende hoxe mesmo xa é posible presentar filmes para participar na Edición…

Novos Cinemas fai balance da súa edición máis internacional

Entre os pasados 11 e 16 de decembro, a cidade de Pontevedra acolleu a terceira edición do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra Novos Cinemas. Durante seis intensos días a cidade do Lérez encheuse de cinema, música, formación no eido audiovisual, proxectos, asesoramento e foi punto de encontro e conversa entre os creadores e creadoras…

Palmarés Novos Cinemas 03

O Xurado Internacional da Edición 03 de Novos Cinemas, formado por Paula Astorga, Manolo González e Eloy Domínguez Serén, despois do visionado dos filmes a concurso e a deliberación, outorgan o Premio NOVOS CINEMAS á mellor longametraxe da Sección Oficial a SUBURBAN BIRDS, de QUI SHENG, por ser unha exploración audaz e luminosa, que retrata…

Novos Cinemas presenta a súa Edición 03 coa estrea de 13 filmes inéditos en Galicia, encontros, formación para todos os públicos e concertos

Esta mañá presentouse a Edición 03 de Novos Cinemas no Museo de Pontevedra baixo a presenza de Carmen Fouces -Concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra-, Jorge Soto -Vicerreitor do Campus de Pontevedra da UVigo-, Xosé Leal -Deputado de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra-, Jacobo Sutil -director da AGADIC-, Ángel Santos e Daniel…

Iniciamos a venda de abonos para asistir ao festival cunha oferta especial durante este Culturgal

O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra inicia hoxe a súa venda de entradas e abonos para asistir á terceira edición do festival, que se desenvolverá entre os próximos 11 e 16 de decembro en Pontevedra. Os abonos pódense conseguir xa a través de Ticketea e, ata o próximo domingo 2 de decembro, todas as…

Novos Cinemas contará nesta edición con 15 fimes nas súas seccións competitivas e unha retrospectiva á cineasta lisboeta Teresa Villaverde

Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, presenta os 15 filmes que formarán parte das súas seccións competitivas: a Sección Oficial e a Sección Latexos. Trátase dunha selección de primeiras e segundas obras de cineastas emerxentes procedentes de lugares como Canadá, USA, Francia, Portugal, China, Brasil, España, Ecuador ou Arxentina. Nesta terceira edición,…

#LAB: proxectos seleccionados

NOVOS CINEMAS#LAB, o programa de asesorameto de proxectos cinematográficos de cineastas noveis do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, presenta os catro proxectos seleccionados para esta edición: III, a segunda longametraxe de Ángel Filgueira | País: Galicia | Estado: escritura. Antier Noche, a primeira longametraxe de Alberto Martín Menacho | País: Suiza-España | Estado: escritura,…

Novos Cinemas e a Sala Karma presentan #NOITES, a programación musical do festival

Pontevedra, 16 de novembro do 2018 - O festival Novos Cinemas, que se celebará entre os próximos 11 e 16 de decembro, e a pontevedresa Sala Karma artellarán unha programación musical especial para as #NOITES desta terceira edición do festival, nas a cidade se encherá de diversas propostas. A música comezará o mércores 12 para…

Clausura: Hamada, de Eloy Domínguez Serén

O acto de clausura desta edición de Novos Cinemas contará o 16 de decembro coa proxección de Hamada, o último filme do director Eloy Domínguez Serén, rodado no Sáhara e que vén de estrearse mundialmente no IDFA 2018. Con tintes de humor e situacións inesperadas, a película perfila un inusual retrato dun grupo de amigos…

Elías León Simininani inaugurará esta edición de Novos Cinemas con ‘Apuntes para una película de atracos’

A terceira edición de Novos Cinemas - Festival Internacional de Cine de Pontevedra, que se celebrará entre o 11 e o 16 de decembro, acollerá na súa inauguración a proxección de Apuntes para una película de atracos, o último filme do cineasta Elías León Siminiani, como antesala da súa chegada ás salas de cine galegas.…