Categoría: Sen categoría

Novos Cinemas acollerá nesta edición o primeiro foco dedicado á cineasta lisboeta Susana Nobre

Novos Cinemas - Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, presenta hoxe os primeiros contidos da programación da súa próxima edición, que terá lugar entre os próximos 13 e 18 de decembro. A cineasta, guionista e produtora Susana Nobre, visitará a cidade como protagonista da sección FOCO. Trátase dunha unha figura a reivindicar no efervescente panorama…

Xurado Novo NovosCinemas07. Convocatoria aberta

Queda aberta a convocatoria para os membros da comunidade universitaria con interese en participar como xurado da Edición 07 de Novos Cinemas. Poderá participar o estudantado da Universidade de Vigo matriculado no Campus de Pontevedra no curso académico 2022/2023 (grao, mestrado, doutoramento), e todas aquelas persoas tituladas no curso académico 2021/2022 (grao, mestrado, doutoramento), no…

Novos Cinemas busca Voluntarios para a edición 07 do festival

O equipo de Novos Cinemas convida ao alumnado do campus de Pontevedra a formar parte do equipo de voluntari@s da Edición 07 de Novos Cinemas. Se queredes coñecer o noso festival, desexades traballar con xente nova, se vos queredes divertir mentras desenvolvedes un traballo indispensable para o festival, colaborade con nós nesta singular experiencia. Durante…

AMPLIACIÓN! Prazo de recepción de obras aberto ata o 25 de setembro

Continúa aberto o prazo para presentar filmes para participar na Edición 07 de Novos Cinemas - Festival de Cine Internacional de Pontevedra, que se desenvolverá entre o 13 e o 18 de decembro deste mesmo ano na cidade do Lérez. NOVOS CINEMAS é un festival de cine aberto a cineastas emerxentes de todo o mundo…

Palmarés Novos Cinemas 2021

Despois de seis días nos que Novos Cinemas proxectou 24 películas de máis dunha vintena de cineastas emerxentes, o festival fai públicos os premios da súa sexta edición. Ao longo da semana atopáronse creadores, creadoras e público para intercambiar opinións e presentar as súas obras, tiveron lugar 8 actividades formativas para xente de todas as…

Un total de 26 cineastas emerxentes presentarán as súas primeiras e segundas obras en Novos Cinemas

Novos Cinemas, que se celebrará entre o 14 e o 19 de decembro en Pontevedra, presentou hoxe a súa sexta edición coa presenza de Carmen Fouces, Concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra; Victoria Alonso, Deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra; Jorge Soto, Vicerreitor do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo; Jacobo Sutil,…

Novos Cinemas presenta todas as súas películas a competición e inicia a venda de entradas

Novos Cinemas, que se celebrará entre o 14 e o 19 de decembro en Pontevedra, presenta hoxe as películas que comporán as súas seccións competitivas. As nove propostas –oito delas inéditas en Galicia– que compoñen a Sección Oficial desta edición intentan debuxar un dos posibles itinerarios do cine contemporáneo: o que aspira a reflexar parte…

Cabeceira edición 06: unha viaxe hipnótica con Adrián Canoura

Ideada como a coda ao traballo desenvolvido por Adrián Canoura no obradoiro que está a impartir para o alumnado da Universidade de Vigo en colaboración co festival, a cabeceira desta edición de Novos Cinemas aboga pola expansión e o diálogo co programa estético do cartaz. Mediante un proceso de transformación de imaxes que hibrida dixital…

Novos Cinemas amosará as primeiras imaxes de Matria, o debut na longametraxe de Álvaro Gago

Novos Cinemas está artellando para a súa sexta edición, que se celebrará entre os próximos 14 e 19 de decembro, varias actividades relacionadas co LAB, o espazo de asesoramento e diálogo entre cineastas noveis e axentes cualificados e especialmente sensibles a proxectos cinematográficos de natureza independente. Os proxectos seleccionados para esta edición do Novos Cinemas…

A cineasta María Pérez Sanz será a protagonista do foco desta edición de Novos Cinemas

Novos Cinemas, que se celebrará entre os próximos 14 e 19 de decembro, dedicaralle por primeira vez en España un foco á directora e guionista María Pérez Sanz (Cáceres, 1984). O cuestionamento e a exploración son os eixos sobre os que gravita a produción cinematográfica e audiovisual da cineasta. O festival exhibirá as súas obras…