Bases Lab 2020

NOVOS CINEMAS. FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE PONTEVEDRA celebrarase nacidade de Pontevedra, Galicia (España) do 15 ao 20 de decembro do 2020, e ten como finalidade principal detectar e difundir o talento cinematográfico de cineastas emerxentes, poñendo especial énfase no cinema de carácter autoral.

PRESENTACIÓN

NOVOS CINEMAS#LAB ten como obxectivo xerar unha área de asesoramento e orientación que favoreza o desenvolvemento dos proxectos dos realizadores e realizadoras noveis. O #LAB promoverá o encontro entre cineastas e axentes cualificados e especialmente sensibles a proxectos cinematográficos de natureza independente. A finalidade desta interacción é que as obras poidan adaptarse, co maior grao de operatividade e funcionalidade posible, a uns mercados en constante mutación.

Os proxectos suporán a primeira ou segunda obra de longametraxe dos seus autores e autoras e deberán atoparse en fase de desenvolvemento (escritura, procura de apoios, pre-produción, etc). Logo dun proceso de selección previo levado a cabo polo equipo de Novos Cinemas, o #LAB terá lugar durante a celebración do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, entre o 16 e o 19 de decembro de 2020. Esta segunda fase consistirá na análise, estudo e asesoramento pormenorizado dos proxectos seleccionados para que poidan materializarse do mellor xeito posible, acadando así os maiores réditos artísticos e económicos. Esta tarefa será desenvolvida por profesionais especializados de contrastada experiencia.

NOVOS CINEMAS#LAB será un espazo de formación e ensaio para cineastas que se atopan nos inicios da súa carreira profesional. Os realizadores/as e/ou produtores/as participantes poderán adquirir as competencias e habilidades necesarias para poder defender, co maior grao de operatividade, funcionalidade e rendibilidade posible, os seus proxectos nunha futura situación de natureza profesional.

Co gallo de fomentar e estimular a produción cinematográfica galega, cando menos unha das catro prazas do NOVOS CINEMAS#LAB 05 destinarase ao proxecto cinematográfico dun ou dunha cineasta da nosa comunidade autónoma: Galicia.

O período de admisión de proxectos extenderase do 23 xullo ao 15 setembro de 2020.

INSCRIPCIÓN

  • A convocatoria está aberta a proxectos de carácter rexional, nacional e internacional con independencia da área xeográfica á que pertenzan.
  • Convocaranse catro (4) prazas para catro (4) proxectos. Cando menos, unha das prazas destinarase a proxectos da comunidade autónoma galega.
  • Os proxectos deberán atopase na fase inicial da produción: escritura, desenvolvemento, pre-produción.
  • A documentación poderá presentarse nos seguintes idiomas: español, galego e inglés.
  • A inscripción farase a través do cumprimento da Ficha de Inscrición aloxada na web do festival. https://www.novoscinemas.com/gl/ficha-inscricion-lab-2020/
  • Adxuntarase un dossier ca información pertinente sobre o desenvolvemento e intencións do proxecto.
  • No caso de incorporar material audiovisual, este achegarase mediante enlaces privados de visionado (Vimeo e similares).
  • A data límite de presentación da documentación é o día 15 de setembro do 2020.
  • O equipo de Novos Cinemas notificará vía mail aos autores dos proxectos seleccionados da súa inclusión no programa NOVOS CINEMAS#LAB 05. Os autores e/ou produtores deberán confirmar a súa asistencia durante a semana seguinte á confirmación.

NOVOS CINEMAS#LAB

  • O #LAB desenvolverase entre os días 16 e 19 de decembro de 2020.
  • Os proxectos seleccionados serán estudados, analizados e asesorados detalladamente por catro profesionais de recoñecido prestixio internacional.
  • A organización farase cargo dos gastos de estancia e manutención dos realizadores/as seleccionados, así como dunha porcentaxe –por determinar, segundo traxecto e tarifas– do importe das viaxes.
  • No caso de que algún dos proxectos participantes no #LAB se materialice, quen teña a titularidade dos dereitos comprométense a incluír nos títulos de crédito de presentación do filme o a imaxe do NOVOS CINEMAS#LAB que será proporcionada polo equipo de Novos Cinemas.

 

Novos Cinemas, 2020