BASES e condicións edición 03

NOVOS CINEMAS. FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE PONTEVEDRA celebrarase na cidade de Pontevedra, Galicia (España), do 11 ao 16 de decembro do 2018, e ten como finalidade principal detectar e difundir o talento cinematográfico dos cineastas emerxentes, poñendo especial énfase no cinema de carácter autoral.

 

ADMISIÓN DOS FILMES A CONCURSO

O festival terá dúas seccións competitivas, ambas de ámbito internacional:
Sección Oficial e Latexos (destinada a dar visibilidade a producións de factura máis fráxil e íntima).

Poderán inscribirse todas aquelas longametraxes (a partir de 60 minutos) que supoñan a primeira ou segunda obra dos seus realizadores.

Serán admitidos traballos producidos, ou cuxa estrea mundial tivese lugar, despois do 1 de xaneiro de 2017, sempre que non fosen estreados comercialmente en España, nen exhibidos en circuitos de televisión públicos ou privados no momento da súa inscripción a concurso .

O período de admisión de filmes extenderase dende 30 de abril ata o 31 de xullo de 2018.

 

INSCRIPCIÓN

1. As películas inscritas poderán ser incluidas en calqueira das seccións deseñadas polo festival.

2. A inscripción é gratuita e realizarase únicamentea travésdo cumprimento da FICHA DE INSCRICIÓN ONLINE, na que se proporcionará un enlace privado do filme co seu correspondente contrasinal de visionado.

3. Para o seu visionado os filmes deberán estar subtitulados en español ou inglés, sempre que o idioma orixinal sexa outro que galego, español ou inglés.

4. A organización do festival informará, vía e-mail, aos inscriptores cuxas obras foran seleccionadas.

 

XURADOS e PREMIOS

O festival NOVOS CINEMAS concederá catro premios:

1. Un Xurado Internacional outorgará o Premio NOVOS CINEMAS á mellor longametraxe da Sección Oficial, cunha dotación económica de 2.000€, para a compañía ou representante legal que inscribise o filme no certamen. Este xurado, se así o considerase, pode conceder, como máximo, dúas Mencións Especiais sen que estas comporten dotación económica.

2. Un xurado composto por un grupo de estudantes universitarios, pertencentes ao Campus de Pontevedra (UVIGO) e seleccionados pola organización do festival, outorgará o Premio XURADO NOVO da Sección Oficial, cunha dotación económica de 500€ en forma de Bolsa para o director/a do filme premiado.

3. Un xurado composto por críticos cinematográficos outorgará o Premio LATEXOS. Este galardón, concebido gracias á colaboración da Cooperativa NUMAX, supón a exhibición comercial da película premiada na sala NUMAX (Santiago de Compostela).

4. Finalmente, mediante a participación e o concurso dos espectadores (media ponderada de votacións e asistentes), outorgarase o Premio do PÚBLICO, en forma de axuda á distribución a través dun acordo con Cinemas de Galicia, red de salas públicas para a exhibición impulsada pola AGADIC .

A decisión dos xurados será inapelable.

 

ENVIO DOS FILMES PARA A SÚA EXHIBICION

No caso de que as súas obras fosen seleccionados para participar no festival, os inscriptores deberán ter en conta que:

1. Os gastos de envío das copias das longametraxes serán compartidos entre o festival e os representantes do filme seleccionado. NOVOS CINEMAS farase cargo preferentemente dos gastos de envío para a chegada da copia do filme ao festival; a devolución ou retorno dos filmes ao seu lugar de orixe ou calquera outro lugar correrá a cargo dos seus titurlarese/ou representantes.

2. NOVOS CINEMAS aceptará os seguintes formatos de exhibición: DCP ou Arquivo Dixital (MP4 ou MOV, 1080p ou 720p). Se así o considerase, a organización do festival aceptará formatos analóxicos (35mm., 16mm.), domésticos (Blu-ray) ou aqueles que poida considerar pertinentes.

3. Se a lingua orixinal do filme non é o inglés, éste deberá conter subtítulos nesta lingua.

4. Co gallo de levar a cabo un óptimo proceso de promoción, NOVOS CINEMAS solicitará o envío do material necesario para a elaboración do catálogo do festival, así como diferentes labores de promoción das súas actividades (prensa escrita, web, redes sociais, etc.). Ao formalizar a inscripción o inscriptor ou representante legal do filme comprométese á cesión dos dereitos de exhibición destes materais promocionais a todos aqueles medios de comunicación audiovisual que o equipo de NOVOS CINEMAS considere pertinente.

5. As copias para exhibición, o cartaz do filme así como toda aquela documentación de difusión que os representantes consideren relevantes, deberán ser remitidos antes do dia 15 de novembro de 2018.

6. No caso das películas galardoadas, NOVOS CINEMAS resérvaseo dereito de realizar novos pases de ditas películas (ata un máximo de 2) con fins promocionais e sempre previa notificación aos representantes legais do filme.

 

ACEPTACIÓN DAS BASES e CESIÓN DE DEREITOS

A inscripción no festival NOVOS CINEMAS implica a aceptación ecumprimento destes requisitos e supón que o inscriptor ou representante legal do filme autoriza a NOVOS CINEMAS a exhibir públicamente o filme presentado a concurso.

Unha vez aceptada a invitación á participación no festival, o filme non poderá ser retirado da competición.

A organización de NOVOS CINEMAS se reserva o dereito de facer excepcións puntuais a estas bases por forza causa maior.

Para calquera outra información, comunicarse no mail:
info@novoscinemas.com

Novos Cinemas, abril 2018

FICHA DE INSCRICIÓN ONLINE