AULA+NOVOS // CINED

Xoves 12
11.00h.
Museo de Pontevedra


Sesión CinEd + Coloquio co alumnado
Para escolares de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

Proxección das curtas Rentrée des classes (A volta a clase), de Jacques Rozier (Francia, 1956, 22’) + Petite Lumière (Pequena Luz), de Alain Gomis (Francia, 2003, 15’).
CinEd é un proxecto de educación no cinema que ten o seu núcleo nunha colección de filmes de gran potencia expresiva, concebida como unha oportunidade para que a mocidade descubra e disfrute o cinema europeo.
Un programa de cooperación europeo, liderado polo Institut Français (París) e a Cinémathèque Française, no que participan once países e impulsado e coordinado en España por A Bao a Qu –co apoio do Ministerio de Educación, o ICAA ou o Instituto Cervantes–, en Galicia se desenvolve en cooperación con AGADIC–CGAI.
Novos Cinemas súmase novamente a un proxecto de gran proxección e pioneiro no noso entorno, converténdose nun dos impulsores desta iniciativa en Galicia.
www.cined.es