#AULA+NOVOS

#AULA+NOVOS focaliza a súa atención na poboación escolar –que abrangue dende a educación infantil ata o bacharelato–.
En #AULA+NOVOS conxugamos tres tipos de actividades para os escolares: Este curso 2017-2018 continuamos a nosa colaboración co prestixioso programa educativo europeo #CinEd; #NACLASE, (proposta que pretende poñer en marcha unha serie de iniciativas específicas nas aulas dos centros educativos) alcanza a súa segunda edición; e por último, durante a celebración do festival terá lugar o obradoiro de cartelería PENSANDO EN IMAXES: DESEÑOS DE CINEMA, no que rapaces e rapazas entre os oito e os doce anos experimentarán cos carteles de cinema a partir do traballo do grande Saul Bass.