#aula05

A divulgación e a formación audiovisual da cidadanía son algúns dos obxectivos de Novos Cinemas. Para acadar eses fins desenvolvemos #AULA, un espazo que aspira a promover o encontro entre os axentes audiovisuais e a cidadanía. Grazas ao apoio de Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, implementamos un programa que aspira á transferencia de coñecemento e ao intercambio de experiencias entre os profesionais audiovisuais e poboación; contemplando todos os estadios vitais da mesma: infancia, adolescencia e idade adulta.

O ceo a medio facer, o obradoiro de cinema en primeira persoa que impartiu o cineasta Eloy Domínguez Serén durante o primeiro trimestre do ano académico, conformou o programa formativo da Edición 05. As pezas realizadas nese obradoiro reflicten o talento e a creatividade que caracteriza ao campus pontevedrés.

 


EDICIÓN 05