AULA +NOVOS // PENSAndo en imaxe: deseños de cinema

15 de diciembre 2018 | 11:00h – 14:00h| Museo de Pontevedra | Gratuíto previa inscripción

OBRADOIRO DE CARTELERÍA PARA NIÑOS, impartido por Taller Abierto

O traballo de Saul Bass, grande mestre do deseño gráfico, é o punto de partida deste obradoiro de creación plástica. As súas composicións para títulos de crédito e carteis de películas susténtanse na economía da cor e no emprego dun número reducido de elementos.
Nesta actividade creativa, as nenas e nenos participantes deberán elaborar unha mensaxe gráfica que simbolice un filme proposto aplicando as regras da gramática visual.

Taller Abierto é un colectivo pontevedrés que desenvolve proxectos artísticos e culturais. Entre as súas actividades atópanse a organización de cursos, visitas e actos; a coordinación de comunidades de aprendizaxe e o comisariado de exposicións. Na área socioeducativa o seu labor céntrase no deseño de programas didácticos e de integración social en artes plásticas e arquitectura para nenos e docentes, así como na creación, organización e execución de xornadas e congresos.


Impartido por
Taller abierto gestión cultural
tallerabierto.info

Dirixido a nenos de 8-12 anos.