#aula

A formación audiovisual da cidadanía é un dos obxectivos principais de Novos Cinemas. Por ese motivo, continuamos desenvolvendo #AULA, un espazo que naceu co obxectivo de promover o encontro entre os diversos axentes audiovisuais e a poboación. Grazas ao apoio da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra damos forma a este proxecto, que partindo sempre do lúdico, aspira á transferencia de coñecemento e ao intercambio de experiencias entre profesionais audiovisuais, nenos, mozos e adultos.
Talleres, proxeccións e encontros con profesionais e cineastas conforman as actividades de #AULA.

As pezas audiovisuais producidas en Habitar un rostro/O xesto dun encontro, o obradoiro impartido pola cineasta Jaione Camborda durante o primeiro trimestre do curso académico, visibilizarán o talento que agroma no noso campus.
Iniciamos tamén unha colaboración coa ECAM, centro formativo de referencia no territorio nacional. Un dos seus docentes, o prestixioso director de fotografía Santiago Racaj, impartirá, un obradoiro teórico-práctico arredor da construción da mirada e a narración cinematográfica.


EDICIÓN 04