#AULA

A divulgación do cinema e a formación audiovisual da cidadanía ocupan un lugar relevante no ideario de Novos Cinemas. Coa intención de levar a cabo esta vontade, e grazas á colaboración e apoio da Vicerreitoria do Campus de Pontevedra, creamos #AULA, un espazo deseñado para aquela poboación interesada na diversidade de facetas que caracterizan á instancia cinematográfica. E a mellor maneira de acadar eses obxectivos é xerar un enclave no que os profesionais compartan o seu coñecemento e experiencia coa poboación.

Pensando en Imaxes é un obradoiro de cartelería para rapaces de entre 8 e 12 anos. Un camiño posible, o obradoiro que dirixiu o cineasta lucense Eloy Enciso e unha clase maxistral que ditará a cineasta lisboeta, Teresa Villaverde, compoñen a oferta formativa para esta Edición 03 de Novos Cinemas.


EDICIÓN 03