ANTÓNIO UM DOIS TRÊS

ANTÓNIO UM DOIS TRÊS

Antonio un dous tres | Antonio One Two Three

01 Xullo | 19:00h | Teatro Principal | ESTREA EN GALICIA
logo_ataquillaBN


‘RESONANCIAS’
Sesión programada en colaboración coa Asociación Cultural Convergencias de la Crítica Cinematográfica

Encuentro con Miguel Ribeiro, produtor do filme e Álex Pérez Lascort, crítico.

 

Brasil, Portugal | 2017| 95′ | Cor | DCP

Dirección/Direction: Leonardo Mouramateus. Guión/Script: Leonardo Mouramateus. Fotografía/Cinematography: Aline Belfort. Son/Sound: Tomás Von der Osten, Diego Martínez. Montaxe/Editing: Raul Domingues, Leonardo Mouramateus. Música/Music: AEREP. Intérpretes/Cast: Miguel Nunes, Deborah Viegas, Mariana Dias, Mauro Soares, Daniel Pizamiglio. Produción/Production: Leonardo Mouramateus, Miguel Ribeiro, Gustavo Beck, Clara Bastos. Produtora/Production Company: Filmes do Asfalto, If You Hold A Stone, Praia à Noite.

Antonio foxe da súa casa e pasa a noite no apartamento da súa ex. Alí coñece a unha moza brasileira que está de paso. Johnny está loitando por estrear a súa primeira montaxe teatral en Lisboa. A amizade de Antonio cun xove técnico de iluminación axúdalle a enfrontarse aos seus propios problemas.


 

Festivais:
Festival Internacional de Cine de Rotterdam 2017 – Bright Future
Indie Lisboa 2017
Filmadrid 2017


.

Leonardo Mouramateus é un escritor e director brasileiro cuxas curtametraxes, como Mauro em Caiena (2013) e A Festa e os cães (2015), foron premiadas en numerosos festivais. O seu traballo exhibiuse en museos coma o Centro Pompidou de París e o Museu de Arte de São Paulo. En 2015, a Cinémathèque française adicoulle una retrospectiva. António um dois três é o seu debut na longametraxe.