Obradoiro con Adrián Canoura

Son un artista, un antiartista, arrogante, modesto, un feminista, un misóxino empedernido, un romántico, un realista, un surrealista, conceptual, minimalista, posmoderno, beatnik, hippie, punk… Díxose da miña obra que é fermosa, horrible, bazofia, xenial, dispersa, precisa… contemporánea, iconoclasta, sofisticada, lixo, obra mestra, etc. É todo certo”.

Bruce Conner

Videohipnose. Experimentar co cinema na era dixital

 

O cinema expandido foi o primeiro concepto en considerar o vídeo, as imaxes dixitais e electrónicas como unha forma de arte, marcando un fito na historia daarte e instalándose como a orixe do pensamento sobre o que actualmente coñecemos como media art, arte electrónico ou videoarte e arte e tecnoloxía. Desde a súa orixe o vídeo propúxose como alternativa comunicacional e como crítica activa fronte aos medios masivos de comunicación audiovisual. E os novos canais de comunicación fan, precisamente, que a hibridación entre o cinema máis convencional e o cinema expandido, entre todas as diferentes ramas, se mesturen e atravesen con maior facilidade e recoñecemento desde os espazos de exhibición.

A flexibilidade deste contexto de traballo facilita o acceso do amateur (palabra derivada do latín amator “o que ama”) a esta reformulación artística do cinema, que atopa na linguaxe audiovisual un enorme campo de experimentación e investigación que non atopaba nas disciplinas artísticas tradicionais. Este obradoiro ten como proposta o achegamento a un medio, a unha linguaxe, a unha forma de facer cinema desde a mestura de elementos artísticos máis cercanos á poesía que á prosa, no que podemos denominar cinema experimental, cinema expandido ou como ben cita Bruce Conner (unha das figuras esenciais da mistura de todo tipo de arte do S.XX) “É todo certo”, ou o que vulgarmente podemos decir… todo vale.

Unha das claves para aproximación do traballo do obradoiro será cuestionar ou poñer en valor a liberdade creativa do autor, precisamente nun tempo no que a liberdade individual está quedando en cuestión, a través dunha serie de condicionantes que traben ou expandan as posibilidades de creación. Como ben se pode ver na película Cinco condicións (De fem benspaend, 2003) do director danés Lars Von Trier, no que compromete a un dos seus mentores a revisionar un dos seus filmes baixo unha serie de condicións que o fai repensar a historia e utilizar diferentes formatos e levar ao límite a súa creatividade.

OBXECTIVOS

// Achegar unha nova mirada ao cinema desde a confluencia de diferentes puntos de mestura con outras artes e linguaxes.
// Valorar a dimensión da capacidade creativa e poñela en valor co grupo e co individuo.
// Experimentación de formatos, técnicas e ferramentas máis aló da cámara e o guión.
// Poñer en valor o ERRO como crecemento artístico da obra.
// Levar da teoría á práctica a liberdade total ou a imposición de condicionantes para crear.

INFORMACIÓN BÁSICA

// Duración: 24h presenciais e titorías en liña.
// Número de sesións: catro.
// Datas: 01 de outubro / 28 de outubro / 26 de novembro / 14 de decembro.
// Horario: de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 20.00h.
// Espazo: Facultade de CC.SS. e da Comunicación (Campus A Xunqueira, s/n).

FICHA DE INSCRICIÓN

 



Currículo abreviado (Máx. 2 mb | Formatos permitidos pdf, docx, doc, jpg, png, jpeg, gif).

Peza audiovisual -duración máxima de 5 minutos- de autoría propia que denote unha sensibilidade acorde aos obxectivos do obradoiro.




Certifico que a información proporcionada é correcta e estou de acordo co reglamento de NOVOS CINEMAS.

PROGRAMA DO OBRADOIRO

Venres 01 de outubro
Conceptos básicos e fontes estéticas
Horario: 10h-14h e 16h-20h

Xoves 28 de outubro
Primeiro visionado e análise dos proxectos
Horario: 10h-14h e 16h-20h

Xoves 26 de novembro
Revisión das pezas e asesoramento cara unha montaxe final
Horario: 10h-14h e 16h-20h

Martes 14 de decembro
Presentación e exhibición pública das pezas realizadas na sesión inaugural da Edición 06 de Novos Cinemas

requisitos de selección

O equipo de Novos Cinemas seleccionará a dez (10) aspirantes.

O período de selección terá lugar entre os días 10 e 25 de setembro. O 27 de setembro publicarase a listaxe das persoas seleccionadas (consultar novoscinemas.com). O equipo de Novos Cinemas contactará cos estudantes seleccionados. Entre o  27 e o 30 de setembro, os estudantes seleccionados deberán confirmar a súa participación vía mail (co asunto: OBRADOIRO DE CINEMA CON ADRIÁN CANOURA) ao seguinte enderezo vic.pon@uvigo.es (achegando os seguintes datos: nome e apelidos, grao e curso e copia dixital do D.N.I.)

Tras a selección, o estudantado comprométese formalmente a asistir a todas as sesións presenciais do obradoiro e a cumprir cos requisitos establecidos no mesmo. No caso de incumprir con algún deses preceptos, o alumno ou alumna perderá, automáticamente, a súa condición de bolseiro ou bolseira.

As pezas resultantes deberán incluir sempre o logo do obradoiro facilitado pola equipa de Novos Cinemas.

adrián canoura

A súa formación audiovisual comeza na Fundación TIC (Escola de Imaxe e Son) de Lugo, en Realización e Produción Audiovisual. Continúa con unha especialización de Cámara e Realización na Escola de Ficción de Voz Audiovisual. En 2016 trasládase a Madrid para cursar o Master LAV: Laboratorio de Práctica e Creación Audiovisual Contemporánea. Destacado como un novo talento pola Academia Galega do Audiovisual en 2018, pódese definir como cineasta ou videoartista onde as súas creacións van desde o videoclip, películas, deseños, performance ou proxectos ligados á creación en directo con grupos como Guerrera, Nistra ou recentemente Baiuca.

O seu traballo toma diferentes formas, desde proxectos híbridos entre o documental e a ficción ou aproximacións máis experimentais á antropoloxía máis mística de mundos que desaparecen. O seu filme Caerán Lóstregos do Ceo foi incluída pola prestixiosa crítica e teórica do cinema de vangarda Nicole Brenez, como un dos mellores traballos de 2018, e obtivo o premio de mellor película de vangarda e premio camira no festival de Filmadrid. As súas películas foron proxectadas por numerosos fesivais de todo o mundo como en Sao Paulo, Fibda, Fracto, Nouveau Cinema, Curtas Vila do Conde, Curtocircuito ou Filmadrid entre outros.

FILMOGRAFÍA/OBRA
– Gran Sol (en produción)
– Da morte nace a vida (11min, 2020)
– REXISTROS
(14min, 2019)
– Caerán Lóstregos do Ceo (27min, 2018)
– Salitre nas veas (12min, 2017)
– O Porco e o seu espírito (10min, 2016)