A VIRXE ROXA

14 DEC.
20.30h.
Teatro Principal

A VIRXE ROXA

España | 2020  | 93’ | B/N | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: Marcos Nine. Guión/Script: Marcos Nine, Rocío González. Montaxe/Editing: Marcos Nine. Música/MusicArturo B. Kress. Son/Sound: Arturo B. Kress. Voces/Voices: Nerea Barros, María Vázquez, Antonio Durán (Morris). Produción/Production: Amalia Mato, Chema Gagino. Produtora/Production Company: Recrea Films.

En 1933, Aurora Rodríguez mata a tiros á súa propia filla, Hildegart, mentres esta durmía. A moza, con só dezaoito anos, era unha das feministas máis destacadas da Segunda República Española. Pero tamén era un produto perfectamente calculado e deseñado pola súa nai, que a criou e educou para que fose a libertadora da muller. Os plans de Aurora non saíron como estaba previsto.

Marcos Nine (Hannover, 1977) comezou a súa carreira como guionista en series como Mareas vivas e Terra de Miranda, e púxose por primeira vez detrás da cámara para relatar o desastre do Prestige no documental Carcamáns (2003). Desde entón, dirixiu os documentais Pensando en soledad (2006), Historia de una parroquia (2007) e El viaje de Leslie (2014), seleccionado na Seminci, e as curtametraxes JEDN (2006), A fábrica (2008), Aarón (2009), Manuscritos pompeianos (2010) e Radiografía de un autor de tebeos (2010), entre outros. A súa primeira longametraxe, La brecha (2012), estreouse no Festival de Cine Independiente de Buenos Aires (BAFICI).

FESTIVAIS

Seminci 2021. DOC España

Uruguay IFF 2021.