<3

<3

 

15 Decembro | 12:30h | Teatro Principal 
 

España | 2018 | 65’ | Cor | DCP | ESTREA EN GALICIA

Dirección/Direction: María Antón Cabot. Guión/Script: Marina Maesso Moratilla. Fotografía/Cinematography: Ana Catalá. Montaxe/Editing: María Antón Cabot. Son/Sound: Daniel Rincón. Produción/Production: Carlos Pardo Ros. Produtora/Production Company: DVEIN Films.

Os parques de Madrid no verán énchense de coxas, e de brazos, e de embigos porque fai moita calor e a roupa sobra. Ou se cadra non é só por iso. Lonxe do asfalto, nesas zonas frondosas, a natureza estala. Alí xérase un ecosistema de redes que conecta o paseo dos mozos en ebulición co das outras persoas que por aí vibran.


 

Festivais:

DOK Leipzig 2018 – World Premiere
Festival de Cine Europeo de Sevilla 2018 – Revolucións Permanentes
L’Alternativa Panorama


.

María Antón Cabot é unha realizadora  e montadora que traballa en cinema e publicidade. En 2009 funda o colectivo de investigación e prácticas audiovisuais Lacasinegra baseado na experimentación cos novos formatos da imaxe. Os seus traballos exhibíronse no CCCB (Barcelona) ou na Mostra de Arte Contemporánea de Xenebra. En 2013 realizan a súa primeira longametraxe, Pas à Genève. Como editora traballou en Una vez fuimos salvajes (2016) que gañou  o premio NUMAX da Sección Latexos na pasada edición de Novos Cinemas. Actualmente desenvolve o seu novo proxecto en Elías Querejeta Zine Eskola.