Á marxe de modas e correntes e guiados por unha radicalidade estética que se manifesta neses universos tan singulares como inmediatamente recoñecibles, Marcos Nine e Chema García Ibarra abrirán e pecharán a sexta edición de Novos Cinemas.
Os seus últimos e esperados traballos, A Virxe Roxa, en estrea en Galicia, e Espíritu Sagrado, non deixarán indiferente ao noso público: tan desprexuizado e aberto á experiencia, como sabedor de que o cinema, rozando os nosos sentidos e transitando o noso intelecto, esperta as nosas emocións máis profundas.