XURADO DA CRÍTICA

JÚLIA GAITANO

Júlia Gaitano é crítica de cinema e montadora audiovisual. Colabora en El Antepenúltimo Mohicano e na Revista Mutaciones, aínda que tamén a podedes ler en OtrosCines Europa e Diari de Barcelona. Como montadora, as súas pezas exhibíronse en certames como o Festival de Málaga, o Festival Internacional de Cinema de Menorca ou The Micheaux Film Festival, entre outros.

FLORENCIA ROMANO

Graduada e docente da Fundación Universidad del Cine de Buenos Aires. Desde 2016 escribe sobre cinema para distintas publicacións: La Vida Útil, Otra Parte Digital, TranceZonda. Dirixiu a longametraxe A noite polar (2016), estreada na Competencia Internacional do Entrevues Belfort Festival International du Film.

CRISTOBAL  SOAGE

Licenciouse en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e comezou a desenvolver o seu interese polo mundo do cinema na web los35milimetros.com. Despois de acumular experiencia en medios como Faro de Vigo ou El País, marchou a Bruselas no ano 2016. No 2017 incorpórase ao equipo de Cineuropa.org, xestionando a súa base de datos e participando na cobertura de festivais de cinema coma o de San Sebastián, Transilvania ou Sevilla.