06 ENCONTROS CON CINEASTAS

15 DEC.
09.00h.
Teatro de Pontevedra
Sesión pechada para escolares


Encontros con Cineastas. Filme + coloquio coas directoras. Para estudantado do Bacharelato artístico

Proxección de Negro Púrpura de Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva
+ Presentación e coloquio con Adriana P. Villanueva e Pilar Abades

LSD, multinacionais farmacéuticas, pragas medievais, medicina popular e a CIA conectadas por un fungo alucinóxeno coñecido como ouro negro na Galiza do s.XX.

Dirección/Direction: Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva. Guión/Script: Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva. Fotografía/Cinematography: Pilar Abades. Montaxe/Editing: Sabela Iglesias. Música/Music: Paulo Pascual. Son/Sound: Adriana P. Villanueva, Marco Maril. Voces/Voices: Dolores Castro Viaño, Toni Salgado, Xosé Barato, Bernardo Casado, Paco Barreiro, Txema Regalado, Matthias Rehrl, Oliver Besthorn. Produción/Production: Sabela Iglesias and Adriana P. Villanueva. Produtora/Production Company: Illa Bufarda.

Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva fundan a produtora creativa Illa Bufarda no 2012 e desenvolven proxectos creativos e multidisciplinares. En todo este tempo adquiren experiencia na creación audiovisual, en todos os seus procesos, dende a idea á postprodución, tanto en formatos curtos como longos. Na Illa Bufarda realizouse a longamentraxe Fíos Fóra (2015), a mediametraxe Aberto e con fume (2017) e a curtametraxe Isaac, editor da memoria (2012) entre outras moitas e variadas producións. Dende maio do 2019 a equipa da produtora medra coa incorporación de Pilar Abades, fotógrafa e profesional da imaxe desde 2012.