Short stay

Short stay

Premio do Xurado Novo “SCREENLY”

.

Mike vai dun sitio a outro, mais non se pode dicir que sexa un buscavidas. O seu radio de acción é mínimo, pois a súa vida transcorre entre a casa materna e a pizzería na que traballa. Mike non ten unha gran conversa e tampouco moita iniciativa pois prefire deixarse levar que facer as cousas por si mesmo.


 

.

USA | 2016 | 61’ | Color | DCP

Dirección: Ted Fendt. Guión: Ted Fendt. Fotografía: Sage Einarsen. Montaxe: Ted Fendt. Música: Sean Dunn. Son: Daniel D’Errico, Sean Dunn. Intérpretes: Mike MacCherone, Elizabeth Soltan, Mark Simmons, Marta Sicinska, Meaghan Lydon. Produción: Ted Fendt, Blake LaRue, Graham Swindoll, Britni West.

.

 

Festivais:
Berlinale 2016
New Directors/New Films 2016
Indie Lisboa 2016
Festival internacional de Jeonju 2016


.

Ted Fendt naceu en Philadelphia en 1989. Traballa como realizador e tradutor. Traduciu ao inglés a obra de críticos cinematográficos coma Luc Moullet, Mireille Latil-le-Dantec, Emmanuel Siety e Louis Seguin. Elaborou subtítulos para filmes de Jean-Marie Straub, Alain Resnais, Marcel Hanoun e Jean Epstein. Dirixiu tres curtametraxes. Short Stay é a súa primeira longametraxe.