Lab Expertos 2019

FERNANDO FRANCO

Cunha dilatada carreira como montador pola que foi nomeado dúas veces ao Goya (Blancanieves e No tengas miedo), Fernando Franco debuta en 2013 como director coa longametraxe La herida, que se estrea na Sección Oficial do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, onde se alza co Premio Especial do Xurado e a Concha de Plata á Mellor Actriz. No terreo docente é Xefe da Especialidade de Montaxe da ECAM e colabora con centros como a ESCAC, a Universidade Pompeu Fabra, a Universidade Autónoma de Barcelona e a EICTV de San Antonio dos Baños (Cuba). Morir (2017) é a súa última película.

FELIPE LAGE

Felipe Lage dirixe Zeitun Films desde 2009, participando na produción das longametraxes Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe, 2010), Arraianos (Eloy Enciso, 2012), O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (Alberto Gracia, 2013), Costa da Morte (Lois Patiño, 2013), Pozoamargo (Enrique Rivero, 2015) e Mimosas (Oliver Laxe, 2016), todas elas recoñecidas nalgúns dos festivais de cinema máis importantes do mundo como Cannes, Locarno, Toronto, Rotterdam, BAFICI, Sevilla ou Jeonju.
Actualmente produce o novo proxecto de Lois Patiño (Tempo Vertical).

MERCEDES MARTÍNEZ-ABARCA

Mercedes Martínez-Abarca traballa desde 2009 no International Film Festival Rotterdam, onde actualmente forma parte do comité de programación. Durante cinco anos coordinou o Holland Film Meeting Co-Production Platform (Nederlands Film Festival). Ademais traballou para a distribuidora internacional Fortissimo Films (Amsterdam) e colabora en diversos festivais e mercados de coprodución, como Abycine Lanza. En 2017 incorpórase ao Festival Internacional de Cine de Gijón como parte do equipo de programación e asesora de industria.

DIANA SANTAMARÍA

Diana Santamaría é licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. En 2014, xunto a Thierry e Farid Lounas, decide crear en España a distribuidora Capricci Cine, da que é directora desde entón. Especialista en cinema francés, distribuíu en España películas contemporáneas de autor e películas de patrimonio de cineastas da talla de Serge Bozon, Albert Serra, Aleksei German, Apichatpong Weerasethakul, Serguéi Paradzhánov ou Ado Arrietta, entre outros.

ex