AULA+NOVOS. TALLER DE SOMBRAS E SOMBRAS

17 DEC.
11.30h.
Museo de Pontevedra
Obradoiro para novos e novas de 8 a 12 anos
Previa inscripción


DE SOMBRAS E SOMBRAS

Inscrición: contacto@tallerabierto.info

DE SOMBRAS Y SOMBRAS

Tim Burton (1958, Burbank, Estados Unidos), é un cineasta que creou un universo propio. O seus códigos visuais e os seus personaxes trascenderon a pantalla influíndo en creadores doutros ámbitos -artísticos, publicitarios, moda…- para formar parte do noso imaxinario colectivo. Sublimando ou radicalizando o arquetipo norteamericano do marxinal ou do raro, os protagonistas dos seus filmes exceden a norma para protagonizar historias ambientadas en lugares oníricos ou terroríficos onde se desvirtúan as formas e a diversidade do cotiá.

Neste obradoiro presentaremos unha escolma da súa filmografía máis salientable, revelaremos as súas influencias e afondaremos nas calidades estéticas dos seus relatos e escenografías, verdadeiros motores dalgúns dos filmes máis orixinais e singulares do cinema estadounidense contemporáneo. Nenas e nenos, exercendo unha especie de dirección artística, experimentarán o tránsito das dúas ás tres dimensións mediante o deseño de escenografías que reproduzan, co maior grao de fidelidade posible, o universo dalgunhas das inimitables criaturas burtonianas.