LISTADO DE SELECCIONADOS PARA O OBRADOIRO “HABITAR UN ROSTRO / O XESTO DUN ENCONTRO ”, impartido por Jaione Camborda

Os aspirantes seleccionados para participar no obradoiro “HABITAR UN ROSTRO / O XESTO DUN ENCONTRO ”, impartido pola cineasta Jaione Camborda, serán:

  • Roberto Alonso Pereira
  • Raquel Álvarez Méndez
  • Lara Castro Lema
  • Noa Castro Lema
  • Noemi Parga Iglesias
  • Ana Pérez Valdés
  • Andrea Piñeiro Piñeiro
  • Carmen Quintáns Varela
  • Yuri Salgado Álvarez
  • Sabela Souto
  • Mercedes Valero Gómez

Durante os próximos meses de setembro, outubro e novembro, o obradoiro buscará ir máis alá da representación do outro e apelará ao encontro, ao diálogo fílmico, á danza co outro. Deixaremos que a imaxe recolla e reflicta o pulso do cineasta e buscaremos a narrativa desde elementos máis formalistas que beben do cinema de autor documental e do experimental. Achegarse, tensionar, respectar, invadir, dilatar, contraer, respirar, tremer, celebrar…, o cinema como materia viva que expresa o xesto do autor e a súa relación co filmado.

Esta formación estará en todo momento supervisada e titorizada pola cineasta Jaione Camborda. As pezas xurdidas a raíz do obradoiro proxectarase durante a Edición 04 de Novos Cinemas. Esta colaboración entre novos Cinemas e o Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo nace a raíz da #AULA CREAS2i, fusionando a filosofía de transmitir coñecementos, habilidades e competencias ao alumnado coa liña práctica do programa formativo do festival.

CATEGORIES

Uncategorised