#LAB: proxectos seleccionados

NOVOS CINEMAS#LAB, o programa de asesorameto de proxectos cinematográficos de cineastas noveis do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, presenta os catro proxectos seleccionados para esta edición:

  • III, a segunda longametraxe de Ángel Filgueira | País: Galicia | Estado: escritura.
  • Antier Noche, a primeira longametraxe de Alberto Martín Menacho | País: Suiza-España | Estado: escritura, desenvolvemento.
  • Alén Mar, a primeira longametraxe de Andrés Sanjurjo | País: España-Chile | Produción: Andrés Sanjurjo Films / Tirol Ltda. | Estado: preprodución.
  • A los jóvenes, a segunda longametraxe de Malena Solarz | País: Arxentina | Produción: Esquimal Cine | Estado: desenvolvemento.

Ademais disto, tres cineastas galegos que se atopan en proceso de desenvolvemento dos seus novos proxectos –Luis Bértolo, Toño Chouza e Anxos Fazáns–, participarán nas Consultas Abertas e outras actividades do #LAB e #Encontros do festival en calidade de convidados especiais.

O equipo de titorías do #LAB -que nesta edición estará formado por Fernando Franco, Felipe Lage, Diana Santamaria e Mercedes Martínez– asesorará os catro traballos escollidos, en diversas fases de desenvolvemento, e orientará aos realizadores incidindo nas particularidades de cada un dos seus proxectos.

Como peche do programa de asesoramento desta edición do festival proxectarase o filme Nocturno: pantasmas de mar en porto, do cineasta Álvaro Fernández-Pulpeiro, que formara parte dos proxectos seleccionados no #LAB da Edición 01 de Novos Cinemas no ano 2016 e que, a día de hoxe, xa puido verse en festivais coma o FICX Gijón 2017 ou o EIFF de Edimburgo.

CATEGORIES

Uncategorised