Novos Cinemas e a Sala Karma presentan #NOITES, a programación musical do festival

Pontevedra, 16 de novembro do 2018 – O festival Novos Cinemas, que se celebará entre os próximos 11 e 16 de decembro, e a pontevedresa Sala Karma artellarán unha programación musical especial para as #NOITES desta terceira edición do festival, nas a cidade se encherá de diversas propostas.

A música comezará o mércores 12 para quecer motores cunha pinchada do Galician Bizarre, que se repetirá na Sala Karma ao día seguinte –xoves 13– xunto ao concerto de Selvática, banda que nos inundará co seu post-punk castizo, aromas de selva escura e pop etéreo. Finalizarán a noite Lúa Zalamera e Arturo Delgado Pinchadiscos. O venres 14 será a quenda das bandas locais cos directos do garage de Pantano, Trompas de Farlopio e o rock´N´roll, a actitude desafiante e as letras glam de Glitter & Litter. Aos pratos contarase con M. Lewinsky e Diego de la Church. Xa de cara ao peche do festival, o sábado 15 a música comezará dende a mañá nunha sesión vermú na Casa da Luz na que se presentará o proxecto Galician Bizarre III e todos os asistentes poderán gozar do pop alegre e a naturalidade da música de Esposa. Para rematar o día contarase co noise rock, punk e psicodelia de Disco Las Palmeras!, a escuridade post-tropicalista de Rayotaser e as pinchadas de Sr. Fiuza e JT DJ.

 

Mércores 12
EL PEQUEÑO | 00h00 ata peche | Pinchada Galician Bizarre | Entrada de balde


Xoves 13 
KARMA | 00h15 | Concerto Galician Bizarre: Selvática (Prezo: 5€) + Pinchada Galician Bizarre (ata 4h30)
Lúa Zalamera | Entrada con consumición mínima 3€)

EL PEQUEÑO | 23h00 a 03h00 | Pinchada de Arturo Delgado Pinchadiscos | Entrada de balde


Venres 14
KARMA | 23h00 | Prezo: 6 € |  Concerto de Pantano + Trompas de Farlopio + Glitter & Litter
Ata peche | Pinchada de M.LEWINSKY| Entrada 5€ con consumición

EL PEQUEÑO | 23h00 – 03h00 | Pinchada de Diego de la Church | Entrada de balde


Sábado 15
CASA DA LUZ | 13h00 | Sesión vermú coa presentación do Galician Bizarre III e o concerto de Esposa | Entrada de balde

KARMA | 00h15 | Concerto Disco las Palmeras! + Rayotaser (Entrada anticipada 6€, Billeteira 9€)
Pinchada SR.FIUZA (entrada 6€ con consumición)

EL PEQUEÑO| 22h00 | Pinchada JT DJ | Entrada de balde

(Todas as entradas se venderán na propia Sala Karma, agás a do concerto de Disco las Palmeras! + Rayotaser, que poderán adquirirse tamén a través de www.wegow.com)

CATEGORÍAS