Clausura: Hamada, de Eloy Domínguez Serén

O acto de clausura desta edición de Novos Cinemas contará o 16 de decembro coa proxección de Hamada, o último filme do director Eloy Domínguez Serén, rodado no Sáhara e que vén de estrearse mundialmente no IDFA 2018. Con tintes de humor e situacións inesperadas, a película perfila un inusual retrato dun grupo de amigos que viven nun campamento de refuxiados no medio do deserto. Un campo minado e o segundo muro militar máis grande do mundo separa a estes amigos da súa terra natal, da que só oíron falar nas historias que lles contan os seus pais.

Eloy Domínguez Serén (Simes, Galicia 1985). Antes de debutar como cineasta traballou como crítico de cinema. En 2012 mudouse a Suecia onde realizou a súa curtametraxe Pettring. En 2014 estreou a curtametraxe I Den Nya Himlen e a mediometraxe Jet Lag, programados no FID Marseille, Doc’s Kingdom ou o Festival de Cine Europeo de Sevilla entre outros. A súa primeira longa No Cow On The Ice (2015) tivo a súa estrea en Visions du Réel e foi premiada en Toulouse, Filmadrid, Play-Doc, L’Alternativa ou Márgenes; mentres que os seus dous traballos máis recentes, as curtas Yellow Brick Road e Rust, estreáronse en Jihlava IDFF e FID Marseille respectivamente. Ademais, foi seleccionado para participar no Berlinale Talents de 2017.

[A proxección do filme terá lugar o 16 de decembro no Teatro Principal de Pontevedra nunha sesión gratuíta retirando a invitación a partir dunha hora antes do inicio.]

CATEGORIES

Uncategorised