Buscamos Voluntarios!

O equipo de Novos Cinemas, convida ao alumnado do campus de Pontevedra a formar parte do equipo de voluntarios/as da Edición 03 de Novos Cinemas. 
Se queredes coñecer o noso festival, desexades traballar con xente nova, e divertiros mentras desenvolvedes un traballo indispensable para o festival, participade con nós nesta singular experiencia.

Durante seis días, do 11 ao 16 de decembro de 2018, @s voluntari@s participaredes no desenvolvemento do festival dende o seu inicio; coñeceredes o seu funcionamento interno; realizaredes tarefas en equipo nas áreas de información, preprodución, produción, postprodución, coordinación, comunicación e redes, loxística…; coñeceredes persoalmente a realizador@s noveis e a diferentes profesionais do medio; e pensamos que gozaredes dunha experiencia colectiva da que sodes unha peza clave.
Animádevos, agardamos expectantes a vosa presenza.

FICHA DE INSCRICIÓN






COMPETENCIAS (sinala as áreas que prefiras):

Adxunta o DNI / NIE ou Pasaporte (Máx. 2 mb | Formatos permitidos pdf, docx, doc, jpg, png, jpeg, gif).

- O festival poñerase en contacto coas persoas seleccionadas.

ACEPTACIÓN

Declaro a miña intención de formar parte dos voluntarios da edición 03 de Novos Cinemas.


CATEGORÍAS