Open call for Young Jury

Queda aberta a convocatoria para os membros da comunidade universitaria interesados en participar como xurado da sección oficial da Edición 03 de Novos Cinemas. A organización do festival seleccionará 5 candidatos de entre todos aqueles interesados, a condición de ser estudante da Universidade de Vigo matriculado no Campus de Pontevedra.

Este xurado outorgará o Premio Xurado Novo da Edición 03 de Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, certame que se celebrará entre os días 11 e 16 de decembro de 2018. O labor do Xurado Novo da edición 03 de Novos Cinemas é asistir ás proxeccións das longametraxes que concursan na Sección Oficial do festival. Cada unha das longametraxes exhibirase una soa vez.

O prazo de inscrición desta convocatoria termina o 9 de novembro.

Consulta as BASES desta convocatoria.

FICHA DE INSCRICIÓN








Adxunta o DNI / NIE ou Pasaporte

Copia dixital do xustificante de pagamento da matrícula do curso 2018/2019 (Máx. 2 mb | Formatos permitidos pdf, docx, doc, jpg, png, jpeg, gif).

Adxunta unha foto na que salgas ben guapiñ@. Se resultas seleccionado saldrás no catálogo da edición 03 do festival. (Máx. 2 mb | Formatos permitidos pdf, docx, doc, jpg, png, jpeg, gif).
(Máx. 2 mb | Formatos permitidos pdf, docx, doc, jpg, png, jpeg, gif).

- O festival poñerase en contacto coas persoas seleccionadas e publicará a listaxe na web do festival e na web da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
- Ser membro do Xurado Novo implicará dispoñibilidade total durante os seis días que dura o certame (do 11 ao 16 de decembro de 2018).

DECLARACIÓN XURADA / DECLARACIÓN JURADA / SWORN DECLARATION

Declaro coñecer e aceptar as bases desta convocatoria ao XURADO NOVO da edición 03 de NOVOS CINEMAS, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra.


CATEGORÍAS

Sen categorizar